Construído con muros de sillería, dunha soa nave. Fachada principal con porta de arco de ½ punto, con dintel na súa clave. Na fronte, espadana en dous corpos e campanarios en arcos xemelgos. Accédese a través dunha escaleira de pedra.
Celébranse o San Antonio o 13 de xuño e a Festa do Neno o último fin de semana de xullo.