PAZO MUSEO

DE OTERO PREDRAIO

Contacto

  • Pazo de Trasalba-Cimadevila
    32172 Amoeiro

Horario

Aberto todo o ano

Inverno do 1 de outubro ao 30 de abril: 

  • Martes a domingo de 11 a 14 h. e de 16 a 18 h.

Verán (de 1 de maio a 30 de setembro)

  • Martes a domingo de 11 a 14 h. e de 17 a 20 h.

Luns pechado

Observacións

O Pazo Museo de Otero Pedrayo está situado no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba do Concello de Amoeiro, Ourense. Neste lugar a Fundación Otero Pedrayo garda a memoria do que foi patriarca das Letras Galegas.

Na visita a o museo pódense contemplar obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca, así como a estrutura tradicional dun pazo galego de principios do século XX. Os fondos están conformados a partir do legado que fixo en vida Don Ramón Otero Pedrayo a Galaxia das propiedades en Trasalba, incluíndo o pazo e as propiedades anexas. Os moitos accesos, debidamente sinalizados, e a situación do pazo-museo, permiten gozar dunhas fermosas paisaxes da Galicia interior.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate