1809. A BATALLA

DESCRICIÓN

Festa histórica baixo o nome de “1809. A Batalla”, e que atrae ao municipio ourensán de Boborás por centos de curiosos tanto do lugar como doutros puntos nacionais e internacionais. A diversión, a emoción, o reencontro coa historia é o que vivirán todas persoas que o 3º fin de semana de agosto de acheguen a Pazos de Arenteiro, lugar que ademais de ser Monumento Nacional ten desde 1973 a declaración de Conxunto Histórico Artístico.

Con esta festa retrocederemos até o ano 1809, e poderán vivir en primeira persoa os episodios ocorridos durante a batalla que alí se librou contra os franceses, sendo un exército formado por voluntarios do lugar e dos arredores capitaneados polo coronel Bernardo González do Val “Cachamuiña” os que conseguiron a súa retirada definitiva despois de varios intentos.

Máis información

http://boboras.gal/cultura/a-batalla/

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate