Contacto
O antigo mosteiro cisterciense de Santa María de Melón é o gran protagonista entre en patrimonio histórico do municipio. De orixe confusa, sábese da súa existencia no século XII e durante séculos foi centro relixioso e tamén económico da contorna.
Pero a visita debe levarche a descubrir moitos máis recunchos. As pozas de Melón, constitúen piscinas naturais moi apreciadas polas xentes da contorna, que poderás visitar todo o ano nun agradable paseo. Achégache tamén a Quins para coñecer o seu conxunto etnográfico.