CIRCUITO PERMANENTE DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA

O Circuíto Permanente de Orientación Deportivo está situado entre a zona termal gratuíta de Barbantes-Estación e o Hotel Balneario Laias Caldaria dentro do Espazo Natural Ribeiras do río Miño.

Consta de cinco percorridos permanentes de distinta dificultade. Cada percorrido ten impresos uns círculos morados numerados que mostran onde están localizados os postes de control. Os postes teñen medio metro de altura e están marcados con Sinal Internacional de Orientación, que é un cadro branco e laranxa, así como un número de código.

Para axudar a localizar cada control hai unha breve descrición con símbolos nunha táboa no lado dereito do mapa de cada percorrido, conforme os criterios IOF.

O obxectivo deste Circuíto de Orientación Deportivo é dar unha volta polo terreo e localizar os postes sinalizados. Cando localicemos o poste correcto, hai que comprobar que o seu número de código coincide co da descrición de o  mapa. Cada estaca (excepto a da saída) ten tamén unha pinza tradicional (que funciona como un troquel) por se queredes usar un cartón de control na que picar demostrando o voso paso por cada punto; xa que cada pinza fai unha marca distinta.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate