CONCELLO DO IRIXO

Contacto
  • Praza do Concello, 6, 32530 O Irixo, Ourense

  • 988 287 400

Terras altas da comarca do Carballiño, a pé da Serra do Testeiro cun relevo relativamente aplanado. Conta con grandes extensións de bosque e con carballeiras e “soutos” de castiñeiros por todo o territorio.

A arracada (antiga pendente na cultura castrexa) e o bidueiro que conflúen no seu escudo fálanos desta dobre alma da súa paisaxe, de gran beleza natural e gardián de tesouros históricos. Moitos seguramente por desenterrar, pero outros visibles nos percorridos polas súas terras.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate