Contacto
O noso Pan e o Mosteiro de Oseira son as xoias máis prezadas do Concello de San Cristovo de Cea, pero non as únicas, pasen e vexan, seguro que lles resulta agradable a visita.
O mosteiro é unha fundación medieval cisterciense. Neste lugar que, como nos indica o seu nome, estaba habitado por osos, asentouse unha comunidade monástica que estaba chamada a ser un dos grandes centros espirituais, e tamén de poder económico, da Galicia interior. Hoxe consérvase vivo, cunha comunidade de monxes activa. Poder visitar e mesmo descansar na súa hospedaría.